Hamburguesas de arroz e lentellas

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Hamburguesas de arroz e lentellas

Descargar

kcal
274 14%
Azúcares
3g 3%
Grasas
4,4g 6%
Grasas saturadas
0,8g 4%
Sal
1g 11%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Salteamos as verduras cortadas en cadradiños nunha tixola con aceite de oliva, agregámoslles o arroz e cubrimos con auga para deixar cocer todo durante 20 minutos. Despois botamos as lentellas (coadas da conserva), remexemos, poñemos a punto de sal e dámoslles un toque de salsa de soia e xenxibre relado. Cando tempere, collemos unhas bólas desta mestura e amasámolas para facer as hamburguesas, pasámolas polo pan relado e dourámolas lixeiramente nunha tixola cunhas pingas de aceite de oliva, volta e volta. Servimos cunha ensalada de tomate e ceboliña aliñada con aceite de oliva virxe e un chisco de sal.
As lentellas presentan unha elevada concentración de nutrientes: son unha gran fonte de proteínas e hidratos de carbono, o que nos proporciona moita enerxía; son ademais ricas en fibra e baixas en graxa; destaca a presenza de vitaminas A, B1, B2, B3, B6, C e E, ademais de potasio, fósforo, calcio, ferro, magnesio e sodio. O arroz, pola súa banda posúe un elevado contido en hidratos de carbono, o que supón unha excelente fonte de enerxía para o organismo. É fonte de ferro, potasio, fósforo, fibra e vitaminas B3, B5 e B9. Prepárase en forma de hamburguesa e súmanse alimentos como os pementos e mais a cebola, que engaden fibra, vitaminas C, A e E, e minerais como calcio, ferro e magnesio. Unha boa opción sen carne, repleta de proteína de calidade.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 200 g de arroz
  2. 100 g de lentellas xa cocidas
  3. 15 g de cebola
  4. 1 dente de allo
  5. 30 g de pemento verde
  6. 30 g de pemento vermello
  7. Unhas follas de pirixel
  8. 20 ml de aceite de oliva
  9. 5 ml de salsa de soia
  10. 2 g de xenxibre seco en po
  11. 10 g de pan relado
  12. Un chisco de sal
  13. 100 g de tomate
  14. 1 ceboliña vermella

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/