Licuado de mandarina e pomelo

  • 2965 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Licuado de mandarina e pomelo

Descargar

kcal
142 7%
Azúcares
28g 32%
5 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Estonamos as mandarinas e os pomelos. Licuámolos xuntos de xeito que nos quede un zume saboroso. Vertemos o zume resultante nunha xerra. Servimos ao momento o zume en copas ou vasos altos, acompañado duns espetos con anaquiños de mandarina e pomelo.
Esta receita é un bo xeito de hidratarnos tomando ademais unha boa dose de vitamina C, que é a vitamina máis salientable en ambos os ingredientes. Ademais achega os azucres propios das froitas, pero neste caso sen a fibra, ao ser un licuado, polo que converte estes azucres en non moi recomendables se nos excedemos. A froita en forma de zume ou licuado non substitúe unha ración de froita e recoméndase un consumo máximo dun zume ou licuado ao día. Se queremos mellorar as propiedades nutricionais desta receita abonda con bater as froitas por vez de licualas.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 4 pomelos
  2. 8 mandarinas clementinas

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/