Mazás e laranxas asadas con froitos secos

  • Sobremesa
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Mazás e laranxas asadas con froitos secos

Descargar

kcal
282 14%
Azúcares
29g 33%
Grasas
14g 19%
Grasas saturadas
2g 11%
Sal
0,1g 1%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Baleiramos as mazás polo centro con axuda dun baleirador e enchemos o interior cos froitos secos e media culleradiña de sobremesa de azucre moreno. Pelamos as laranxas e botámoslle por enriba outra media culleradiña de azucre e uns froitos secos. Colocamos a froita nunha bandexa de forno e mollámola por enriba cun pouco de auga. Enfornamos a 200 ºC durante 30 minutos. Xeralmente a laranxa debemos sacala un pouco antes que a mazá. Presentamos no prato a froita cos froitos secos por enriba e o caramelo que se formou no asado salseando as froitas.
Unha maneira de tomar froita é quente quizais máis apetecible nos meses de inverno, pero hai que lembrar que é máis recomendable tomala en cru, ao igual que as hortalizas, polo menos unha vez ao día, xa que hai certas vitaminas que se destrúen facilmente coa calor, como a vitamina C ou o ácido fólico. Ao levar froitos secos, engádeselle máis propiedades beneficiosas como proteínas, graxas saudables, máis fibra e multitude de vitaminas e minerais a engadir tamén aos que achegan as mazás e laranxas. Unha moi boa opción para calquera momento do día.  

Ingredientes (4 personas)

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/