Pasta integral con cabaza e noces

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Pasta integral con cabaza e noces

Descargar

kcal
451 23%
Azúcares
4g 5%
Grasas
18g 25%
Grasas saturadas
3g 17%
Sal
1g 10%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Nunha tixola ampla, a lume medio e cun pouco de aceite de oliva, salteamos a ceboliña fresca cortada en xuliana xunto co dente de allo cortado en láminas. Cando estea case dourado, engadimos a cabaza pelada e cortada en finas láminas e cociñamos durante 5 minutos a lume medio. Poñemos a puntos de sal, agregamos as noces peladas, uns talos de ceboliño, dámoslle unha quentura de un minuto ao conxunto e reservamos en lugar morno. Mentres, cocemos a pasta nunha cazola con auga fervendo con sal durante 14 minutos, aproximadamente. Probamos que estea ao dente e, unha vez cocida ao noso gusto, escorremos e mesturamos co salteado de cabaza, ceboliña e noces. Servimos quente e se se quere, cun pouco de queixo parmesano acabado de relar por enriba.
A pasta, na súa forma integral, é un alimento fonte de fibra e minerais, xa que a maioría destes atópanse na parte externa do gran do cereal, ao igual que a fibra. Nesta ocasión, prepárase con cabaza e ceboliña, o que engade ao prato propiedades propias das hortalizas como fibra e multitude de vitaminas e minerais; na cabaza salientan a vitamina C (aínda que parte dela se destrúe ao sometela a calor), ácido fólico e o potasio. Ademais, a receita inclúe unha ración de noces, que van a sumar importantes cantidades de fósforo, magnesio e selenio, fibra, proteínas e graxas cardiosaludables. Aínda que se poida entender que é unha receita algo calórica, débese ter en conta que a calidade nutricional de todos os seus ingredientes é moi boa, e que grazas á cantidade de fibra que achega (entre outras cousas) non se asimilan todas as calorías xa que parte dos nutrientes (e con eles as súas calorías) quedarán atrapados na fibra expulsándose sen ser absorbidos.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 250 g de pasta integral
  2. 250 g de cabaza pelada
  3. 150 g de ceboliña fresca
  4. 1 dente de allo
  5. 100 g de noces peladas
  6. 20 ml de aceite de oliva
  7. Uns talos de ceboliño
  8. Un pouco de sal
  9. 20 g de queixo parmesano en anaco (opcional)

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/