Salsas Bechamel
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 106 5%
- Azúcares
- 3,8g 4%
- Grasas
- 7g 10%
- Grasas saturadas
- 4g 19%
- Sal
- 0,4g 7%
Modo de preparación
Para cociñar bechamel sen gromos, primeiro elabórase o roux: coa manteiga desfeita, bótase a fariña dunha soa vez, déixase cociñar todo, sen que adquira unha cor torrada, removendo continuamente, e cando a fariña estea cociñada formando unha especie de papa homoxénea, apártase do lume ata arrefriar ou temperar. Ao mesmo tempo, quéntase o leite a altas temperaturas, sobre todo se é para grandes cantidades.
Unha vez que o leite estea ben quente, bótase parte sobre o roux, que estará fóra do lume. Disólvese ben con esa pequena parte de leite quente, que proporcionará espesura, coa vara ou unha culler de madeira, ata que quede unha pasta fina. Este será o momento de volver a pór o cazo no lume, botar o resto do leite moi quente, pouco a pouco e sen deixar de mover, ata levar a ebulición e intentar que ferva de tres a cinco minutos. Así espesará sen gromos. Engádese sal, pementa e un pouco de noz moscada, ao gusto.
A salsa bechamel é un recurso moi empregado para a elaboración de numerosas receitas tradicionais. Polos ingredientes que contén, así como pola súa preparación na que se concentra o leite, fan dela unha salsa algo calórica e rica en graxas, pero tamén achega proteínas de alta calidade e calcio, aínda que nisto das salsas existe moita variabilidade xa que dependerá do espesa que a deixemos e da cantidade que logo usemos para o prato. Non abusando dela, é unha boa maneira de dar variedade aos pratos, por exemplo, de verduras, o que facilitará acadar as 2 racións mínimas diarias de verduras, ademais de quedar un prato baixo en graxas posto que a verdura non achega. Podes resultar unha boa estratexia para as persoas ás que non lles gusta certas verduras, como pode acontecer cos nenos/as nun momento dado, aínda que sempre é recomendable que se acostumen ao sabor orixinal dos alimentos.
Ingredientes (4 personas)
- 300 ml de leite enteiro
- 20 g de manteiga
- 20 g de fariña
- Un pouco de sal, pementa branca e noz moscada relada.
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
