Solombo de porco con salsa de mazá e uvas
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 263 13%
- Azúcares
- 12g 13%
- Grasas
- 8g 12%
- Grasas saturadas
- 3g 14%
- Sal
- 1g 11%
Modo de preparación
Picamos as cebolas moi finas en tiras finas e sofritímolas en aceite de oliva a lume moi suave, xunto coa mazá pelada e cortada en anaquiños e as uvas partidas á metade e sen pebidas.
Movemos con frecuencia para que non se adhiran. Agregamos o viño e seguimos ata que a cebola estea confeitada e a mazá case desfeita.
Pasamos polo pasapurés o refogado de cebola, mazá e uva ata formar unha crema homoxénea que poñeremos a punto de sal e reservaremos.
Limpamos os solombos da graxa exterior e salgámolos para que, durante o asado, non perdan a forma.
Douramos os solombos enteiros nunha tixola cun pouquiño de aceite de oliva, para rematar de asalos no forno a 200ºC durante 10 minutos. Volteámolos a miúdo para que se fagan por igual en toda a súa contorna. Unha vez asados cortámolos en filetes finos.
Servimos os solombos no prato coa crema de cebola confeitada e mazá, á que lle agregaremos o zume do asado.
Tendo en conta que se trata dunha receita de carne de porco, e polo tanto, e en base ás últimas recomendacións, non se aconsella tomar carnes vermellas e procesadas máis de 2 veces á semana, trátase dunha receita interesante pola peza escollida así como pola gornición coa que se prepara. O solombo é unha parte magra do porco, é dicir, baixa en graxas; e como característica xeral das carnes, achega proteínas de alta calidade. Como vemos, acompáñase de moita cebola e froita o que engadirá nutrientes beneficiosos ao prato, sen engadir graxas nin practicamente calorías. Una receita saborosa e orixinal.
Ingredientes (4 personas)
- 500 g de solombos de porco
- 400 g de cebola
- 1 mazá
- 150 g de uvas tintas
- 100 ml de viño tinto
- Pementa negra
- 15 ml de aceite de oliva
- Un pouco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
