Solombo de tenreira con crema de finas herbas e champiñóns salteados

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Solombo de tenreira con crema de finas herbas e champiñóns salteados

Descargar

kcal
289 14%
Azúcares
3,1g 3%
Grasas
13g 19%
Grasas saturadas
7g 33%
Sal
1g 10%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Sofritimos a cebola e os allos pelados e cortados en juliana (tiras finas) a lume medio durante 10 minutos nunha tixola cun chorro de aceite de oliva quente. Cando estea transparente a cebola, engadimos os champiñóns limpos e cortados en cuarteiróns, o sal e a pementa. Continuamos coa cocción durante 15 minutos. Unha vez cociñados os champiñóns reservamos como gornición. O solombo cociñámolo lixeiramente untado de aceite de oliva nunha tixola antiadherente moi quente e unha vez cociñado salgamos lixeiramente. Retiramos o solombo da tixola, desglasamos, é dicir, aproveitamos os zumes que quedaron na tixola. Engadimos o viño branco, deixamos que case se evapore e a continuación a nata líquida e as herbas aromáticas. Fervemos ata que se forme unha crema homoxénea, deixamos que reduza, poñemos a punto de sal (se queda moi espeso engadimos un pouco de auga temperada). Coamos a salsa e acompañamos o solombo coa salsa e os champiñóns.
O protagonista desta receita é o solombo de tenreira, que aínda sendo unha carne vermella e polo tanto ter que controlar un pouco a frecuencia do seu consumo (non máis de un par de racións á semana), é unha carne vermella magra, é dicir, das que menos baixo contido en graxa saturada ten, algo máis de 3 gramos de graxa total por 100 gramos de solombo, das cales, 1,3 gramos, máis ou menos, son graxas saturadas. O maior contido nutricional provén das proteínas, uns 20 gramos por cada 100 gramos de solombo, que ademais son de alta calidade. Isto fai que o seu valor calórico non sexa moi elevado, 110 quilocalorías por cada 100 gramos, tendo en conta que a ración é preto de 125 gramos, unha ración achega sobre 140 quilocalorías. É ademais fonte de vitaminas do grupo B, ferro, fósforo, potasio, selenio e zinc. Neste caso, o valor calórico e graxo do prato aumenta polo acompañamento da salsa, aínda que se pode deixar para ocasións especiais, e normalmente acompañalo cos champiñóns e cebola refogados. Rebaixamos o valor calórico e graxo da receita, sen eliminar a presenza de hortalizas como gornición.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de solombo de tenreira
  2. 100 g de champiñóns
  3. 1 cebola
  4. 2 dentes de allo
  5. 20 ml de aceite de oliva
  6. 100 ml de viño branco
  7. 100 ml de nata líquida
  8. Perexil
  9. Ourego (ao gusto)
  10. Tomiño
  11. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/