Bocadillo integral vexetal con salmón afumado

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baixa
Tiempo
Menys de 30 minuts
Bocadillo integral vexetal con salmón afumado

Descargar

kcal
439 22%
Azúcares
14g 16%
Grasas
3,7g 5%
Grasas saturadas
0,5g 3%
Sal
2g 31%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Limpamos os pementos asados e salteámolos nunha tixola a lume forte co aceite de oliva, a cebola cortada en tiras e os dentes de allo cortados á brunoise. Poñémolos ao punto de sal, escorrémolos nun coador do aceite que puidesen ter e reservámolos. Abrimos os pans ao longo, engadimos un chorriño de aceite de saltear os pementos. Colocamos o tomate cortado en rodas finas, sobre o tomate unhas follas de leitugas variadas, o salmón afumado e, por último, o salteado da cebola, os pementos e allo.
Trátase dun bocadillo moi completo e de alta calidade: hortalizas frescas (leituga, tomate, pemento, cebola), cereal integral (pan integral), proteínas de alta calidade (salmón) e graxas saudables (salmón e aceite de oliva). Acompañada despois dunha ración de froita, convértese nunha excelente cea rápida e nunha boa solución se temos que comer rápido e/ou fácil fóra da casa.

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de pan de centeo (4 bolos)
  2. 150 g de salmón afumado
  3. 200 g de pementos vermellos asados
  4. 1 ceboliña
  5. 2 dentes de allo
  6. 50 g de leituga
  7. 2 tomates
  8. 40 ml de aceite de oliva
  9. Un chisco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/