Cabaza ao forno con recheo

  • Primer plato
  • 1356 visitas
Dificultad
Dificultad media
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Cabaza ao forno con recheo

Descargar

kcal
127 6%
Azúcares
2,5g 3%
Grasas
10g 14%
Grasas saturadas
3g 16%
Sal
0,5g 9%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Lavamos moi ben as cabazas, cortámolas en sentido lonxitudinal, sacámoslles as sementes e baleiramos a parte que ten polpa. Nunha tixola refogamos a cebola canda o allo cortado en brounoisse (cadriños moi pequenos) e cando o rustrido estea case feito, poñemos na tixola os anacos que sacamos da cabaza e os cogomelos limpos e cortados, canda un chisco de xenxibre relado. Salteamos e, unha vez que estean as verduras cociñadas, poñemos a punto de sal e enchemos con esta mestura a cabaza oca. Esparexémoslle un pouco de mozzarella por riba e gratinamos durante 15 minutos a forno medio e con gratinador. Colocamos a bandexa na parte máis baixa do forno para que se cociñe tamén a casca da cabaza. Presentamos na mesa, para catro persoas, e servimos desde a mesma cabaza como se fose unha sopeira.
A cabaza é un alimento idóneo para a época outonal, pois pertence a esta temporada. Entre os seus nutrientes destacan o calcio, a fibra, o potasio, o iodo, o magnesio, o sodio e o fósforo. É rica en vitaminas A, B9, C, E e K. Tamén contén purinas, algo que deben ter en conta as persoas con altos niveis de ácido úrico. Prepárase con cogomelos e mozzarela, o que supón un aumento de proteínas de elevado valor biolóxico, graxa saturada, calcio, fibra, potasio, iodo, magnesio e vitaminas A, D, B3, B7, B9, C e K. Esta receita ten poucas calorías pero si unha cantidade de graxas algo destacada.

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de cabaza enteira
  2. 100 g de cogomelos
  3. 50 g de cebola
  4. 1 diente de allo
  5. 100 g de queixo mozzarella
  6. 30 ml de aceite de oliva
  7. Un chisco de sal
  8. Un chisco de xenxibre

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/