Sopa de cogombro

  • Primer plato
  • 1250 visitas
Dificultad
Dificultad para principiantes
Tiempo
Menos de 30 minutos
Sopa de cogombro

Descargar

kcal
125 6%
Azúcares
3g 3%
Grasas
9g 12%
Grasas saturadas
1,7g 8%
Sal
0,1g 1%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Imos presentar esta sopa como se fose un gazpacho branco; é dicir, usando os ingredientes do gazpacho tradicional pero sen tomate. Para iso pelamos os cogombros, torámolos e colocamos os toros nun vaso de batedor. Agregámoslle o miolo de pan remollado en auga fría e escorrida, o dente de allo, o aceite de oliva e un pouco de vinagre; tamén o sal e unhas culleradas de iogur natural para suavizar a sopa. Batemos ata conseguir unha crema, que alixeiramos agregando devagariño auga moi fría (ou un caldo de verduras tamén moi frío). Introducimos no frigorífico durante unha hora antes de servilo, para que estea fresquiño. Remexemos antes de servir e podemos acompañar cun chorriño de aceite de oliva e uns anaquiños de cogombro con sal de pemento.
Unha receita fresca, saudable e nutritiva. O cogombro é un vexetal caracterizado polos seus beneficios na pel e destacan as súas propiedades cosméticas. É ademais un excelente alimento: contén poucas calorías, moito calcio, fósforo, potasio, magnesio e, en menor cantidade, ferro, iodo e fibra. Destaca tamén a presenza de vitaminas A, B9, C e K. En contrapartida, tamén achega purinas, algo que os consumidores cun elevado nivel de ácido úrico deben evitar. Nesta receita prepárase con iogur, que engade calcio e vitaminas A e D -ademais de textura- e caldo vexetal, que aumenta a cantidade final de vitaminas liposolubles como A, D, E e K. Unha receita nutritiva e apta para un gran número de consumidores.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de cogombro
  2. 1 iogur natural
  3. 350 ml de caldo de verduras ou de auga
  4. 1 dente de allo
  5. 40 g de miolo de pan seco
  6. 30 ml de aceite de oliva virxe extra
  7. 15 ml de vinagre de sidra

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/