Coxas de polo á prancha con tacos de cabaza refogada

  • Segundo prato
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Coxas de polo á prancha con tacos de cabaza refogada

Descargar

kcal
257 13%
Azúcares
2,4g 3%
Grasas
14g 20%
Grasas saturadas
4g 19%
Sal
0,5g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos as coxas de polo abríndoas lonxitudinalmente ata o óso. Sazonamos cos allos pelados moi cortados, o sal e un pouco de pementa negra. Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva virxe e a lume forte asámolas á prancha superficialmente ata que se douren. Baixamos a intensidade do lume ata que rematen de cociñarse. Picamos a cebola en brounoisse (picadiño moi fino) e sofritímola a lume medio nunha tixola. Cando estea amarela engadimos a cabaza cortada en cubiños. Removemos o conxunto ata que comece a desfacerse a cabaza. Agregamos un pouco de sal. Deixamos cociñar o conxunto uns 5 minutos e servimos as coxas de polo coa gornición de cabaza.
Unha receita saudable e saborosa, xa que contén carne branca aderezada con pementa e cunha gornición de verdura. O polo vai achegar fundamentalmente proteínas de alta calidade, mentres que a cabaza e cebola completan a receita achegando vitaminas e minerais, entre os que podemos salientar potasio, ácido fólico e vitamina C, aínda que parte destas vitaminas perderanse pola acción do cociñado. Desta receita podemos gozar todo o ano e é apta para todos, agás vexetarianos e veganos.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de coxas de polo
  2. 2 dentes de allo
  3. 50 ml de aceite de oliva virxe
  4. Pementa negra
  5. 400 g de cabaza
  6. 100 g de cebola
  7. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/