Ensalada de bacallau e escarola con mollo de mostaza

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Ensalada de bacallau e escarola con mollo de mostaza

Descargar

kcal
240 12%
Azúcares
2,6g 3%
Grasas
16g 22%
Grasas saturadas
3g 13%
Sal
0,5g 8%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Limpamos a escarola e defollámola. Mergullamos a tallada de bacallau en auga quente e, cando se poidan quitar láminas, retirámolas da auga e quitamos as láminas do bacallau. Pelamos as patacas e cocémolas en auga con sal e, unha vez brandas, deixámolas arrefecer. Mentres tanto nunha batedeira, batemos o vinagre, a mostaza, un chisco de sal e engadimos aos poucos e sen parar de remover o aceite. A continuación, cortamos en anacos as patacas e montamos a ensalada. Sobre as patacas e a escarola, colocamos láminas de bacallau. Botámoslle mollo de mostaza á ensalada. Decoramos cun pouco de perexil picado ou de ceboliño picado.
As ensaladas teñen un aspecto saudable moi importante e é que se consumen as hortalizas en cru, aproveitando ao máximo todas as súas propiedades, xa que non hai perda nutricional por aplicación de calor. Neste caso, resulta unha ensalada moi completa, xa que conta con hortalizas, pataca e bacallau, e achega entre todos eles vitaminas e minerais, hidratos de carbono e proteína de calidade, respectivamente. Estas achegas nutricionais complétanse coa presenza de graxas saudables procedentes do aceite de oliveira. Isto fai que, tomando un bo prato, e completándoo con froita e/ou un lácteo sinxelo enteiro, poida ser un prato único.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de escarola
  2. 200 g de bacallau desalgado
  3. 2 patacas
  4. 10 g de mostaza
  5. 60 ml de aceite de oliveira
  6. 20 ml de vinagre
  7. Un chisco de sal

sReceta online en: