Espeto de lagostinos e piña

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Espeto de lagostinos e piña

Descargar

kcal
100 5%
Azúcares
5,1g 6%
Grasas
4,5g 6%
Grasas saturadas
0,7g 4%
Sal
1g 14%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Pelamos os lagostinos en cru, ensartamos nun espeto, xunto cuns dadiños de piña limpa e cortada en anacos regulares do mesmo tamaño que os lagostinos. Cun pincel de cociña engraxamos lixeiramente os espetos con aceite de oliva virxe aromatizado con limón e colocámolos nunha tixola ou prancha a lume forte durante 2 minutos. Dámoslle a volta, de maneira que se cociñen por ambos os dous lados, salgando á vez que se cociña a superficie. Tamén podemos cociñar os espetos se os introducimos no forno a 200ºC durante 10 minutos. Unha vez cociñados sacámolos da prancha ou do forno e aliñamos con sal groso, pemento en po e aceite de oliva virxe. Podemos acompañar de salsas derivadas da maonesa, como salsa de maonesa con wasabi, con curry, ou salsas derivadas do iogur.
O lagostino salienta polo seu contido en iodo e proteínas de alta calidade. Contén colesterol, o que se debe ter en conta naqueles consumidores con hipercolesterolemia. Prepárase con piña, unha froita que engade fibra, potasio e vitamina C. É unha receita pouco calórica e sen apenas graxa, á vez que vistosa e moi saborosa.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de lagostinos pelados
  2. 300 g de piña natural pelada
  3. Un pouco de sal
  4. 2 g de pemento en pó doce e tamén picante
  5. 20 ml de aceite de oliva virxe aromatizado con limón

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/