Froitas tropicais con pistachos torrados e iogur

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutosGA
Froitas tropicais con pistachos torrados e iogur

Descargar

kcal
202 10%
Azúcares
24g 27%
Grasas
8g 11%
Grasas saturadas
1,5g 8%
Sal
0g 1%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Cortamos en rodas os plátanos pelados. Tamén pelamos a papaia e cortámola no mesmo tamaño ca as rodas de plátano. Nunha tixola con base de aceite de oliva quente douramos as rodas de plátano, a papaia e mais os pistachos pelados e cortados. As froitas douradas servímolas cun prebe de iogur natural batido, uns anaquiños de pistachos torrados e unhas pingas de mel.
Saborosa e doce sobremesa de tempada, doada de facer. Os pistachos e o aceite de oliva son os ingredientes máis calóricos da receita, aínda que con propiedades realmente beneficiosas; deles pódese comer pouca cantidade se seguimos unha dieta de adelgazamento. Todos os ingredientes nos serven para engadirllos a unha ensalada variada, de xeito que cunha soa receita podemos elaborar dous nutritivos pratos ben diferentes.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 300 g de papaia
  2. 2 plátanos
  3. 100 g de pistachos
  4. 1 iogur natural
  5. 40 g de mel
  6. 20 ml de aceite de oliva

sReceta online en: