Gaspacho andaluz
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 149 7%
- Azúcares
- 3,6g 4%
- Grasas
- 11g 15%
- Grasas saturadas
- 1,6g 8%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Pasamos polo batedor o tomate lavado e cortado en cuartos, o pemento lavado sen pebidas, o cogombro pelado e cortado e o dente de allo pelado e sen talo interior. Coamos esta mestura e ao zume resultante agregámoslle miolo de pan remollado en auga fría, aceite de oliva, vinagre e un chisquiño de sal.
Trituramos durante cinco minutos co batedor a máxima potencia ata que nos quede unha crema fina. Se ten demasiada consistencia podemos agregarlle un pouco de auga fría, e volvemos triturar ata que adquira a consistencia desexada.
Poñemos a punto de sal e arrefriamos nunha xerra dentro da neveira durante unha hora. No momento de servir remexemos o conxunto, agregámoslle unhas pingas de aceite de oliva virxe extra e acompañámolo cuns carochiños de pan frixido e uns anaquiños de cogombro e pemento verde picado moi miúdo.
É unha receita sa e saborosa, refrescante e apetecible. É fonte de importantes nutrientes entre os que destacan o potasio, a fibra, o iodo, o zinc e as vitaminas A, B1, B2, B3, B6, B9, K, C e E. A preparación é lixeira e sen nada de colesterol, polo que resulta beneficiosa para o sistema circulatorio e cardiovascular, e apta para un consumo habitual e para un gran número de consumidores.
Ingredientes (4 personas)
- 350 g de tomate maduro
- 50 g de pemento verde
- 50 g de cogombro
- 1 dente de allo
- 50 g de miolo de pan
- 40 ml de aceite de oliva virxe extra
- 10 ml de vinagre de xerez
- 4 g de sal
sReceta online en:
