Picado de iogur e uvas con caramelo de cava e tomiño

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Máis de 2 horas
Picado de iogur e uvas con caramelo de cava e tomiño

Descargar

kcal
216 11%
Azúcares
23g 26%
Grasas
11g 15%
Grasas saturadas
5g 24%
Sal
0,1g 1%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Quéntase o leite coa metade do azucre. Unha vez que ferveu, déixase arrefriar. Nun recipiente aparte, bátese o iogur coa nata líquida e as xemas de ovo. Lentamente, vaise agregando o leite morno con azucre (debe estar xa case frío) ata que quede unha mestura homoxénea. A mestura pásase a un recipiente resistente e conxélase durante 5 horas. Unha vez semi-conxelado, con axuda dunha culler ou garfo, machúcase para sacar anacos irregulares tipo xeo picado. Tamén se pode introducir nun batedor para que adquira a textura xeada do picado. Sérvese nunha copiñas cunha base que preparamos de uvas brancas peladas e sen pebidas, cocidas a lume suave durante 15 minutos nun cazo co resto do azucre, unha ramiña de tomiño e o cava, ata que se caramelicen lixeiramente. Para rematar, decórase o conxunto cunhas ramiñas de tomiño.
Resulta unha sobremesa de Nadal para adultos do máis saborosa e vistosa, baseada na froita destas datas por excelencia, a uva. Contén en maior medida lácteos (iogur, leite, nata) e froita (uvas), o que lle vai achegar á receita as proteínas dos lácteos, azucre (naturalmente presentes nos lácteos e nas uvas), minerais e vitaminas (sobre todo calcio dos lácteos) e unha cantidade de graxas non moi alta que provén da nata (aínda que se usa moi pouca cantidade). Boa alternativa ás habituais sobremesas doces do Nadal.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 300 g de iogur natural
  2. 60 ml de leite enteiro
  3. 60 ml de nata para montar
  4. 40 g de azucre
  5. 2 xemas de ovo
  6. 200 g de uvas
  7. 30 ml de cava
  8. Unha ramiña de tomiño

sReceta online en: