Xudías verdes con cabaza

  • Primeiro prato
  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Xudías verdes con cabaza

Descargar

kcal
59 3%
Azúcares
4,2g 5%
Grasas
0,4g 1%
Sal
0,5g 8%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Limpamos as xudías verdes quitándolles as febras laterais con axuda dun pelador ou dun coitelo moi ben afiado. Unha vez limpas, cortámolas en tres ou catro anacos. Cocemos as vaíñas nunha cazola con auga, sal e un chorro de aceite durante 10 minutos ata que queden al dente. Por outra parte pelamos e cortamos a cabaza en dados pequenos. Noutra cazola con aceite, refogamos unha cebola e dous dentes de allo todo isto previamente picado en brounoisse (picado en cadradiños pequenos). Engadimos a cabaza á cebola sofrita. Sazonamos e refogamos todo o conxunto durante 10 minutos. Agregamos unha culleradiña de fariña. Refogamos novamente e incorporamos as xudías verdes cocidas e parte do seu caldo de cocción ata cubrir sen chegar a bañar en exceso. Deixamos cociñar todo o conxunto cinco minutos máis e poñemos a punto de sal. Listo para servir.
Unha receita de verdura que ademais de saborosa, entra moi ben polos ollos polo colorido, e achega multitude de beneficios: vitaminas, minerais, fibra e outras substancias beneficiosas. Entre estas últimas atópanse os pigmentos que dan cor aos vexetais, e precisamente o colorido do prato indícanos que é rico en diferentes tipos destes pigmentos. Esta receita ademais admite multitude de variedades, xa que se lle pode engadir ovo, pataca, cereal integral (pasta, arroz...)..., usar como gornición dun prato de peixe ou carne, e resulta apropiada tanto en comida como na cea. É un prato lixeiro e doado de dixerir. Para evitar unha perda importante de nutrientes recoméndase que da cocción das verduras non resulte moita auga sobrante, posto que quedarán en parte diluídos nela. Para iso pode resultar útil realizar unha cocción ao vapor, no microondas ou nunha ola rápida.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de xudías verdes
  2. 200 g de cabaza
  3. 1 cebola
  4. 2 dentes de allo
  5. 10 g de fariña
  6. Un pouco de sal

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/