Crema de cenoria

  • Primer plato
  • 1136 visitas
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Crema de cenoria

Descargar

kcal
251 13%
Azúcares
10g 11%
Grasas
12g 18%
Grasas saturadas
2g 10%
Sal
1g 12%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Estonamos as patacas, a cabaciña e mais a cenoria. Cortamos todo en dados e reservamos. Limpamos a cebola, os dentes de allo e mais o porro, e cortámolos en xuliana (corte en tiras finas) e rustrímolos nunha cazola con aceite de oliva quente. Unha vez cociñada a verdura, agregámoslle a cenoria, as patacas e a cabaciña, refogamos o conxunto e cubrimos con auga. Deixamos cociñar a lume moderado durante unha hora nunha pota normal ou 20 minutos nunha a presión. Cando a verdura estea cociñada, levámola ao pasador de puré ou ao batedor. Poñemos a punto de sal e agregámoslle unha culler pequena de aceite de oliva virxe para refinar a crema. Tamén podemos dar un toque máis fino agregando un pouco de manteiga ou de nata líquida. Servimos quente cuns carochos de pan torrados ou fritidos.
Excelente fonte de vitaminas, minerais e antioxidantes. A cenoria é unha hortaliza rica en fibra, fósforo e carotenos; quizais o seu único "inconveniente" sexa o alto contido en azucre. Perfecta para a pel e a visión, é unha hortaliza esencial na nosa dieta. Acompáñase de pataca, que lle achega enerxía e dálle a textura á crema, ademais dun sabor máis forte. O porro e mais a cebola engádenlle ferro, fósforo e vitamina E. Unha receita lixeira e apta para a maioría dos consumidores.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g de cenoria
  2. 100 g de pataca
  3. 100 g de cabaciña
  4. 1 cebola
  5. 1 porro
  6. 2 dientes de allo
  7. 60 ml de aceite de oliva
  8. Un chisco de sal
  9. 100 g de carochos de pan fritido

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/