Ensalada de feixóns verdes e gambas con vinagreta de tomate

  • Primer plato
  • 1086 visitas
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
Menos de 30 minutos
Ensalada de feixóns verdes e gambas con vinagreta de tomate

Descargar

kcal
251 13%
Azúcares
10g 11%
Grasas
12g 18%
Grasas saturadas
2g 10%
Sal
1g 12%
de 5 estrellas. Basado en 0 valoraciones

Modo de preparación

Cocemos en auga con sal as gambas peladas durante dous minutos. Cortamos o tomate e a ceboliña en dados pequenos. Nun bol poñemos o tomate, a ceboliña, o aceite, o sal e o vinagre, e mesturámolo todo ben cunha culler. Limpamos as vaíñas quitándolles o fío exterior coa axuda dun pelador e cortámolas en tiras grosas. Cocémolas en abundante auga cun pouco de sal, ata que queden tenras. A continuación sacámolas da auga e reservámolas. No centro do prato colocamos as vaíñas, enriba delas as gambas e cubrimos coa vinagreta de tomate e pirixel picado.
Esta receita presenta unha ensalada nutritiva e ben doada de preparar. Os feixóns verdes, canda o resto de hortalizas que compoñen a ensalada, convértena nun prato rico en diferentes vitaminas e minerais, así como en substancias con acción antioxidante, moi beneficiosas para a saúde. As gambas, pola súaa banda, son o ingrediente que lle achega á ensalada proteínas de alto valor biolóxico. A composición e as características nutricionais dos ingredientes que compoñen a ensalada fan que esta sexa un prato de baixo contido calórico, que podería estar indicado para persoas que necesiten levar a cabo unha dieta de adelgazamento.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de feixóns verdes
  2. 200 g de gambas
  3. 200 g de tomate
  4. 250 g de ceboliña
  5. 80 ml de aceite de oliva
  6. 30 ml de vinagre de vino de xerez
  7. Un chisco de sal
  8. Pirixel

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/