Bacallau á portuguesa

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Bacallau á portuguesa

Descargar

kcal
292 18%
Azúcares
1,7g 2%
Grasas
9g 12%
Grasas saturadas
1,4g 7%
Sal
2g 39%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Estonamos unha pataca grande e cortámola en rodas finas. Pelamos e cortamos unha cebola en rodas finas tamén. Colocámolos nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e sal, tapamos e deixamos que se cociñen a lume manso. Unha vez cociñadas, escorrémolas. Na fonte do forno, colocamos a base de pataca confeitada, cebola, os lombos de bacallau desalgados, un vasiño de viño branco, as olivas negras e o pirixel picado e introducimos no forno a 200 ºC durante dez minutos, ata que se cociñe o bacallau coa cebola, as patacas e as olivas negras. Servimos no momento, acompañando o bacallau coa base de pataca e cebola e os zumes de asalo. Rematamos a presentación esparexendo pirixel picado e decorando coas olivas negras asadas.
O bacallau é un peixe branco cun destacado contido en iodo e baixo en graxa. Na súa composición nutricional tamén encontramos proteínas, potasio, magnesio, sodio, fósforo, e vitaminas A, B3, B7, B9, B12, C, D e E. Prepárase con pataca e cebola, a primeira suma hidratos de carbono, fibra, potasio, iodo, magnesio e vitaminas B3, B9, C e K; mentres que a segunda engade fibra, potasio, magnesio, iodo, sodio, fósforo e vitaminas A, B7, B9, C e K. As olivas negras achegan ferro, proteínas, calcio, fibra, potasio, iodo, magnesio e vitaminas A, B3, B9, C, E e K. É unha receita saudable e equilibrada, pero algo elevada en sal, o que hai que ter en conta, sobre todo para aqueles consumidores con hipertensión ou retención de líquidos.  

Ingredientes (4 personas)

  1. 600 g de lombo de bacallau desalgado
  2. 200 g de patacas
  3. 150 g de cebola
  4. 50 ml de viño branco
  5. 35 ml de aceite de oliva
  6. 30 g de olivas negras
  7. Un chisco de sal
  8. Unhas follas de pirixel

Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/