Iogur con froitos secos e flocos de avea
- Sobremesa
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad para principiantes
- Tiempo
- Menos de 30 minutosGA

- kcal
- 381 19%
- Azúcares
- 20g 22%
- Grasas
- 24g 34%
- Grasas saturadas
- 8g 38%
- Sal
- 0,2g 4%
Modo de preparación
Botamos os 2 iogures nun recipiente e removemos ben. Machucamos os froitos secos, picamos as uvas pasas, mesturamos cos flocos de avea, e engadimos aos iogures.
Esta receita pode ter moitos usos xa que é bastante completa, o mesmo serve como almorzo, merenda, media mañá ou sobremesa. É tamén moi boa opción para incluír froitos secos na nosa dieta, que por regra xeral consumimos moi poucos, e para prescindir de adozar o iogur se non temos costume de tomalo só ou de tomar sobremesas azucradas, xa que as uvas pasas achegan sabor doce. Dende o punto de vista nutricional é unha receita rica en proteínas, tanto de orixe animal (iogur) como de orixe vexetal (froitos secos, avea), rica en graxas cardiosaudables (froitos secos) e co único azucre naturalmente presente no iogur e as uvas pasas.
Ingredientes (4 personas)
- 1 kg de iogur natural enteiro (8 iogures)
- 140 g de froitos secos
- 100 g de flocos de avea
- 50 g de uvas pasas
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
