Peitugas de pavo salseadas con laranxa e pistachos
- 3005 visitas
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 328 16%
- Azúcares
- 7,9g 9%
- Grasas
- 14g 20%
- Grasas saturadas
- 3g 12%
- Sal
- 0,5g 9%
Modo de preparación
Fileteamos as peitugas de pavo e reenchémolas coas espinacas e coas cenorias cortadas e previamente cocidas nun pouco de auga.
Atámolas e pasámolas pola tixola ata que estean douradas por fóra. A seguir introducímolas no forno, previamente quecido a 180 ºC, ata que estean cociñadas por dentro (uns 15 minutos).
Con zume de laranxa desglasamos a tixola onde cociñamos as peitugas, engadimos leite e un pouco de fariña de millo e facemos un bechamel lixeiro.
Salseamos o prato co prebe de laranxa, cortamos a peituga en medallóns e acompañámolos cos pistachos pelados e salteados nunha tixola.
O pavo é unha ave cuxa carne presenta moi pouca cantidade de graxa, se ben é boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico. A peituga, a igual que ocorre co polo, é a parte do pavo máis sinxela de cociñar e que ademais préstase a moi diferentes preparacións. Neste caso acompañámola dun orixinal e refrescante prebe de laranxa e pistacho, que ademais de darlle un sabor excelente ao prato, fai que as peitugas non sequen e queden máis substanciosas. Este prebe tamén arrequece o prato desde o punto de vista nutricional, grazas ás vitaminas e os minerais das laranxas e ás graxas insaturadas dos pistachos, que contribúen a diminuír os niveis de colesterol no sangue.
Ingredientes (4 personas)
- 600 g de peituga de pavo
- 1 cenoria
- 100 g de espinacas
- 20 ml de aceite de oliva
- 200 ml de leite desnatado
- 1 laranxa
- 10 g de fariña de millo
- 100 g de pistachos
- Una chisco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
