Salmonetes e verduras asadas en papillota

  • 0 View visita
Dificultad
Dificultad baja
Tiempo
De 30 minutos a 1 hora
Salmonetes e verduras asadas en papillota

Descargar

kcal
160 8%
Azúcares
2,9g 3%
Grasas
5,7g 8%
Grasas saturadas
1,6g 8%
Sal
0,5g 9%
1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Limpamos os salmonetes de escamas e tripas . Limpamos e cortamos en tiras todas as verduras e introducímolas todas xuntas nun cazo coa auga xusta para que as cubra e levámolas á ebulición. Unha vez que as verduras ferveran, sacámolas do lume e escorrémolas. Preparamos catro papeis de forno e, por riba deles, colocamos as verduras e en cada paquete un ou dous salmonetes (segundo os seu tamaño). Poñemos unha culler de aceite de oliva sobre cada salmonete, pementa de 5 bagas e un belisco de sal. Cerramos o papel de forno sobre si mesmo con dobreces, ata que faga un paquete, pero con espazo dentro para que poida inchar. Se o facemos no microondas, temos que asegurarnos de que o papel sexa apto para este electrodoméstico, posto que, se usamos papel de aluminio, este non se pode meter en todos os microondas. Neste aparato cociñamos o prato a potencia máxima en cinco minutos. Deixamos repousar dous minutos e servimos nun prato sobre o mesmo paquete, unha vez que retiramos cun coitelo a parte de riba do papel.  
O salmonete é un peixe semigraxo (3,7 g de lípidos por 100 g de porción comestible) que supón unha boa achega de ácidos graxos poliinsaturados omega 3 á dieta. Ten un contido moderado de proteínas de alto valor biolóxico. O contido en minerais segue a seguinte secuencia: moi alto no caso do selenio, alto no fósforo, moderado no potasio e leve no caso de magnesio e ferro. Neste caso, o contido en iodo duplica as inxestións recomendadas deste mineral para a poboación de estudo. A vitamina presente en maior proporción na carne de salmonete é a vitamina B12, seguida da B6 e a B3 ou niacina. Por debaixo destas están as achegas de tiamina (B1) e riboflavina (B2). Respecto ás vitaminas liposolubles, é salientable a achega de vitamina D. O acompañamento de verduras resulta perfecto, achegando ao prato as vitaminas e minerais propios deste grupo de alimentos, ademais da fibra.

Ingredientes (4 personas)

  1. 800 g de salmonetes
  2. 100 g de feixóns verdes
  3. 100 g de cogomelos
  4. 100 g de cenoria
  5. 100 g de puntas de espárragos verdes
  6. 40 ml de aceite de oliva
  7. Pementa de cinco bagas
  8. Un chisco de sal

sReceta online en: