Garavanzos con espinacas e bacallau
- 0 View visita
- Dificultad
- Dificultad
- Tiempo

- kcal
- 359 18%
- Azúcares
- 2,5g 3%
- Grasas
- 13g 18%
- Grasas saturadas
- 1,6g 8%
- Sal
- 0,5g 8%
Modo de preparación
Poñemos os garavanzos a remollo a noite anterior.
Poñemos o bacallau a desalgar durante 24 horas, cambiando a auga polo menos cada 8 horas.
Sacamos o bacallau da auga, quitámoslle a pel e as espinas, secámolo e efaragullamos.
Lavamos as espinacas, escorrémolas e cortámolas.
Poñemos unha ola ao lume con auga abundante e agregamos a metade do aceite, os allos enteiros, sen pelar e cun corte e media cebola pelada.
Cando estea a punto de ferver engadimos os garavanzos e deixamos cocer a lume lento, tapados, ata que estean tenros (unhas 2 horas). A continuación agregamos o bacallau e as espinacas e deixamos cocer durante uns 10 minutos todo xunto.
Mentres tanto, poñemos ao lume unha tixola co resto do aceite, cando estea quente, baixamos o lume e engadimos o resto da cebola ben picada, removendo. Cando a cebola estea branda, engadimos o pemento en po, removendo ben para evitar que se formen gromos e se queime, engadimos unhas culleradas do caldo dos garavanzos, mesturamos todo ben, subimos o lume e refogamos movendo cunha culler de madeira durante 1 minuto.
Envorcamos na ola dos garavanzos, removemos e deixamos cocer a lume lento durante uns 15 minutos, coa ola destapada.
Os garavanzos, ao igual que o resto de legumes, salientan polas súas interesantes calidades nutritivas. Son boa fonte de hidratos de carbono complexos, proteínas vexetais, vitaminas, minerais e fibra. Achegan unha cantidade moi baixa de graxa e se se cociñan con alimentos que non aumenten o contido en graxa (sen chourizo, morcilla, touciño...), coma neste caso, son un prato máis que recomendable para levar unha alimentación saudable. As espinacas enriquecen o prato con vitaminas, minerais, fibra e substancias con acción antioxidante, entre as que salienta a provitamina A e o ácido fólico. Co contido de espinacas e cebola, engadimos unha ración de verdura á receita. Ademais, leva unha pequena cantidade de bacallau, o que suma proteínas de alta calidade sen achegar case graxa posto que o bacallau é un peixe branco, e dá un sabor moi característico ao prato. En definitiva, resulta unha receita moi completa que ben se pode tomar como prato único.
Ingredientes (4 personas)
- 250 g de garavanzos
- 250 g de espinacas
- 200 g de bacallau
- 50 ml de aceite de oliva
- 150 g de cebola
- 2 dentes de allo
- Pemento doce
- Un pouco de sal
Receta online en: eroski.es/productos-locales/recetas/tortilla-bacalao-al-estilo-sidreria/
