Hamburguesa de polo con aguacate salteado

  • 186 visitas
Dificultad
Dificultad
Tiempo
Hamburguesa de polo con aguacate salteado

Descargar

1 de 5 estrellas. Basado en 1 valoraciones

Modo de preparación

Pelamos e picamos finamente o dente de allo en brounoisse (en cadradiños pequenos) xunto as follas de perexil. Mesturamos a carne picada ou esmiuzada de polo co dente de allo, o perexil e o ovo batido, removemos e poñemos a punto de sal e pementa. Repartimos a mestura en 4 partes e formamos hamburguesas.Cociñamos as hamburguesas nunha superficie antiadherente, ben nunha tixola ou nunha prancha de cociña, cunhas pingas de aceite. A cocción faise a lume medio durante uns 4 minutos por cada lado.Acompañamos as hamburguesas con cebola caramelizada. Para preparar esta gornición, pelamos a cebola e cortámola en finas láminas (corte en xuliana). Nunha tixola antiadherente con tapa botamos un pouco de manteiga e un pouco de aceite de oliva, empoeiramos con sal, azucre e colocamos as tiras de cebola para que se cociñen a lume suave, case esquecéndonos delas. Deste xeito, os zumes da cebola saen pouco a pouco e prodúcese a caramelización. Esta mestura recubrirá a superficie da cebola con ese aspecto tan característico, dourado e marrón brillante.Na mesma tixola salteamos lixeiramente volta e volta as tiras de aguacate cun pouco de sal, que colocaremos por enriba da hamburguesa e a cebola caramelizada.

Nesta ocasión trátase dunha hamburguesa feita con carne branca, polo. Pódese usar carne de polo picada ou carne de polo en conserva, desta última maneira minimizamos os riscos de contaminación, xa que a carne de polo é delicada e as carnes picadas aínda máis por estar expostas ao aire en maior superficie. Acompáñase de cebola, que aínda que se explica a caramelización, tamén se pode elaborar escalfándoa ou mesmo en cru, o que evita o uso de azucre e manteiga (aínda que as cantidade son moi pequenas). E leva tamén aguacate salteado, que lle vai dar un sabor e cremosidade moi agradables.En definitiva, unha hamburguesa orixinal con boas propiedades. A carne de polo é unha carne branca, magra, que vai achegar proteína de calidade. A graxa vai provir maioritariamente do aguacate, co que vai achegar graxas saudables e vitaminas liposolubles (que so se atopan en alimentos graxos) sobre todo vitamina E, como o aceite de oliva virxe extra e outras vitaminas e minerais como vitamina C, potasio ou magnesio. Pódenos servir de segundo prato, como prato único na cea acompañándoa de ensalada, ou meténdoa entre pan e pan, usando pan integral e incluíndo a típica leituga e tomate, etc.

Ingredientes (4 personas)

  1. 400 g carne picada de pollo
  2. 1 un diente de ajo
  3. 1 un huevo
  4. 3 g pimienta
  5. 3 g perejil
  6. 3 g sal
  7. 200 g cebolla roja
  8. 10 g mantequilla
  9. 20 ml aceite de oliva
  10. 2 un aguacate
  11. 5 g azúcar

sReceta online en: